Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2009.
Himno do Antigo Reino de Galicia

Se queres escoitar o himno do Antigo Reino de Galicia, entra xa no seguinte enlace. Bule!!!!!!!!!!! Esta melodía transportarate ata as "esgrevias" terras da Costa da Morte, para sentires logo a húmida e salgada brisa que embriaga o noso litoral, a inqueda danza das enfurecidas ondas, o brillo insinuante das loucas augas do Arnoia, a chuvia saudosa que deixa estercada con pérolas a face da terra, ... O vizo dunha terra que chama por ti. http://www.youtube.com/watch?v=RlpSeNzsMCQ
Fabulosas fotos da paisaxe galega

E dirán as malas linguas, que desas sempre houbo moitas, que a nosa terra non ten comparanza con outras aínda máis fermosas. Alegarán, sempre para desmerecernos, que é chuviosa, demasiado fría e morriñenta, inhóspita polas súas serras, apartada, isolada, atrasada, ... Pois, para todos eses maldicentes, aí vai unha fermosa antoloxía de fotos colgadas na rede na seguinte páxina: http://contraluces.espacioblog.com/post/2009/03/05/presentacion. Que vos deleitedes con elas!!!!!
Recomendacións libros de lectura

Este ano os alumnos de 1º e 2º de bacharelato tiveron que ler varios libros de lectura. Estas son as calificacións que eles mesmos lles deron:
-Moi boa: Resistencia (Rosa Aneiros), O sol do verán (Carlos Casares), Pepa A Loba (Carlos G. Reigosa), Os vellos non deben de namorarse (Castelao).
-Regular: A cidade das chuvias (X. Fernández Ferreiro), O club da calceta (María Reimóndez).
-Non tan boa: A esmorga (Blanco Amor), A quinta de Saler (Antón Riveiro Coello), Made in Galiza (Sechu Sende), Veu visitarme o mar (Rosa Aneiros).
Prensa en galego
-Para que esteades enterados de todo o que pasa na Galiza, ofrecémosvos varias páxinas da prensa que se está publicando na rede, e en galego: http://www.vieiros.com/, http://www.anosaterra.org/, http://www.galicia-hoxe.com/.
-Se as vosas dúbidas están relacionadas coa literatura en concreto, aí vos vai outra importante páxina: http://www.bvg.udc.es/.
-Dado que tamén podedes precisar tradutores, deixámosvos tamén o enderezo dun que, aínda que non é fabuloso, pode axudarvos bastante: http://sli.uvigo.es/tradutor/
-De precisardes un bo dicionario, atoparedes na páxina da AGAL (enderezo que xa recollo tamén no blog) o de Estraviz, co que ademais podedes practicar divertidos xogos de lingua. A este engado o dicionario de Ir Indo, cuxo enderezo é http://www.digalego.com/
Se necesitades calquera outra información, deixade as vosas peticións nos comentarios do blog.
