Se muestran los artículos pertenecientes al tema LETRAS GALEGAS.

13/03/2008

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, O HOMENAXEADO NO DÍA DAS LETRAS GALEGA

Este ano é Xosé María Álvarez Blázquez o homenaxeado no Día das Letras Galegas, persoeiro que levou a cabo moitos proxectos culturais, e do que ademais conservamos varias mostras literarias dos tres xéneros. Non obstante, será na súa sentida e musical vea poética onde nos deteremos, traendo a colación algúns poemas, unha ínfima escolma que prometemos ir engrosando para así facer un breve percorrido por todas as liñas cultivadas por este autor.

CANLE SEGREDO

Canle segredo hei sei

prá fervenza da iauga manantía

que enxurre as nosas vidas, cando nada

falle do que che eu teño prometido.

Xeneroso leito

da derramada anguria;

terra de terra, aberta pola eixada

do afá e o amor para a semente limpa;

eira de pan

lareira

fondo puzo,

gardador do misterio que nos cingue;

penedía do misterio que nos cingue;

penedía

cara ós ventos da sorte;

albre senlleiro

na chaira dos miñatos...

¡Ti ben sabes

todo o que o meu amor manda que eu seña!

Canle segredo

 

NO REGO DO PRADO CANTA A COTOVÍA

-PAXARIÑO AMADA QUE CHE BEN QUERÍANO

RAMO FROLIDO O MERLO A CANTAR

-PAXARO BELIDO PARA O TEU OLLARNO

VERDE LOUREIRO TROBA O REISEÑOR

-PAXARO LIXEIRO PARA O TEU AMOR-

(A CANTAR, ESPANTAN OS MALES DA PENA,

PORQUE TODOS CANTAN

PARA A MIÑA NENA)

(Roseira do teu mencer)

 

O AÑO PITAÑO VAI NO PARAÑO

A CABUXA LUXA MARCHOU ONDA A BRUXA.

O GATO CEGATO FUXIU AO BURATO.

O COELLO VELLO ANDA NO CORTELLO.

O GALO RALO RUBIUSE NO VALO

I A GALIÑA TIÑA ESTÁ NA COCIÑA.

ANDA, NENIÑA, DÉIXAOS ESTAR,

E IMOS BRINCAR COAS CUNCHAS DO MAR.

(Roseira do teu mencer)

 

13/03/2008 18:54 Autor: rosagalicia. Enlace permanente. Tema: LETRAS GALEGAS No hay comentarios. Comentar.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]